Editorial Algaida

Lo que pone en la contraportada

Rafael Montalbán tiene una forma poco ortodoxa de ganarse la vida: de jueves a sábado custodia la puerta de un club de alterne, y el resto de la semana ejerce de guardaespaldas ocasional y de cobrador de deudas por cuenta ajena. Pero su vida no fue siempre así: veinte años atrás era un boxeador prometedor que estuvo a punto de luchar por el título de Campeón de Europa superwelter, pero las cosas se torcieron: se enamoró de la mujer que menos le convenía y acabó traicionando a la única persona que se había portado bien con él. Ahora ha decidido empezar de nuevo, y cuando un periodista le propone ir a un programa de radio para contar su vida a los oyentes encuentra la excusa perfecta para expiar sus culpas. Pero eso no será más que el principio. Para volver al punto donde su existencia tomó un desvío equivocado y ajustar cuentas con el pasado deberá emprender un viaje que lo llevará desde Madrid hasta la costa de Cádiz, y luego a Lisboa.
Con una poderosa historia de amor y venganza como telón de fondo y la necesidad de ser aceptado por los demás, El síndrome de Mowgli es muchas cosas a la vez: una novela descarnada y tierna por momentos, donde el protagonista, Rafael Montalbán, por mucho que lo ha intentado no ha logrado encontrar su lugar en el mundo, como el protagonista de El libro de la Selva; un homenaje al personaje creado por Ruyard Kipling y a los libros y a los héroes que marcaron las lecturas de nuestra niñez; pero sobre todo es la confirmación como novelista de Andrés Pérez Domínguez, que atrapa al lector con su habitual fluidez narrativa y el espléndido desarrollo psicológico de los personajes.

martes, 30 de septiembre de 2008

Galicia Hoxe

A síndrome do cazador solitario
"Todos somos algo Mowglis"
O escritor sevillano Andrés Pérez aborda, na súa última novela, a falta de pertenza que padece o ser humano na sociedade actual
V. OLIVEIRA . SANTIAGO
Andrés Pérez onte en Compostela, na presentación do seu novo libro, ‘El síndrome de Mowgli’Nun universo literario no que abundan os grandes continentes, achegarse a unha illa sempre supón unha aventura. Unha aventura na que os náufragos que abandonan o barco sofren a síndrome que padeceu Mowgli, o neno-lobo de Kipling, no que se basea o escritor sevillano Andrés Pérez Domínguez para a súa última novela editada por Algaida, coa que gañou o Premio Luis Berenguer.
O autor, que onte estivo en Compostela presentando El síndrome de Mowgli, tece a historia de Rafael Montalbán, un ex boxeador que quere darlle un cambio á súa vida e deixar de traballar como porteiro de clubs de alterne e matón por encargo.
Un "cazador solitario" que, como explica o escritor, representa o ser humano perdido na sociedade actual. "Todos somos un pouco Mowglis -asegura- . Eu non me canso de dicir que Disney fixo películas moi bonitas pero desvirtuou moito a orixe da historia da que proceden como é o caso de O libro da Selva. A síndrome de Mowgli non é máis que o que lle ocorre a todo o mundo nalgún momento da súa vida: cando non acabas de encaixar en ningún sitio, e te sentes só. Esa falta de pertenza é unha metáfora coa que se pode identificar o mundo actual", explica Pérez Domínguez. Como xa o fixera nas novelas de espionaxe La clave Pinner (2004) e El factor Einstein (2008), a armazón do cine negro está presente nesta obra, pero neste caso, a carga de fondo é unha historia de amor, a do protagonista con Lola, a muller que amou e que o traizoou dezaoito anos atrás.
É precisamente a ilusión de recuperar o amor de Lola o que leva ao protagonista de El síndrome de Mowgli a tropezar coa mesma pedra por segunda vez. "Na vida, un case nunca fai o que quere, senón que fai o que pode. Iso é o que lle sucede a Rafael Montalbán: emprende unha viaxe, un pouco absurda, pero nese sentido, é un pouco quixotesco", apunta. De feito, os personaxes da novela saben de antemán que se van traizoar "pero iso forma parte da vida tamén", engade o autor que considera que "o autoengano, a ilusión por algo, é necesaria para que Rafael Montalbán renaza".

O protagonista, un "heroe cansado"
Unha catarse que o ex boxeador precisa para cambiar de vida. "El sabe que todo é absurdo pero sabe que o ten que facer", engade o autor. Por iso, representa unha caste de antiheroe que o escritor sevillano define como "heroe cansado", parafraseando a Reverte, que "non lle queda máis remedio polas circunstancias".
Aínda que a novela non trata o tema da espionaxe, "está feita cos mesmos vimbios", considera o autor, xa que son personaxes que están "ó bordo do abismo e que buscan a redención, impórtalles moito a traizón, o sacrificio, a responsabilidade, o amor e a amizade".
Pérez Domínguez acumula máis dun centenar de galardóns como o Max Aub, Ciudad de Coria, Tierras de León ou Elena Soriano. Conduce un programa de radio en Sevilla e escribe unha columna de opinión. Esta obra, que se abre con citas de El invierno en Lisboa de Muñoz Molina, El libro de la Selva de Kipling e Rope Burns. Stories from de corner de F. X. Toole, homenaxea "os libros e os heroes da miña infancia", asegura.
A LITERATURA COMO ENTRETEMENTO
"A vida é máis fácil no cuadrilátero"
Como xa fixo en La clave Pinner e El factor Einstein (2008), Andrés Pérez enfía tamén en El síndrome de Mowgli a literatura co entretemento. "A historia ten que interesarlle ao lector e debe ter unha metáfora ou valor moral", apunta o escritor. Recoñece que a historia pode ter unha interpretación ambigua que mestura pesimismo con positivismo. "Montalbán non acaba de renderse nunca -apunta-. Para iso, o boxeo sérveme moi ben como metáfora da vida, porque golpéante, tómbante unha vez e outra vez, pero levántaste. Ademais, como di Montalbán na novela, moitas veces, a vida é máis fácil dentro das cordas do cuadrilátero que fóra polas regras do boxeo", di o escritor nado en Sevilla en 1969.

No hay comentarios:

El síndrome de Mowgli en El público lee

El síndrome de Mowgli en Eitb (programa Forum)

Presentación en Madrid

Etiquetas